Deixámosvos aquí unha programación resumida do que foi o traballo dos alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria levado acabo dende a área de Educación Física, coa colaboración dos titores correspondentes e do profesorado de primaria do colexio, co fin de facer algo diferente na festa do cole e de romper un pouquiño co que se viña fecendo tódolos anos.
Con isto tentamos sorprende a tódalas rapazas e rapaces da nosa sección que agardaban o mesmo de tódolos anos. (cousa que cremos ter logrado).
Imos deixar algúns datos interesante para coñecemento dos nosos compañeiros e compañeiras agora que o noso traballo case rematou (agora estamos avaliando se os nosos obxectivos cumprironse ou non).
- Foi en outubro do ano 2008 cando prantexámonos facer este cambio e comezamos a deseñar a aventura de Sigfrido.
- Dende ese mes, tódolos rapaces de 6º e os mestres de primaria (e só esas persoas) coñeciamos o que se ia facer, isto mantívose así ata as 12:08 am do días 31 de xaneiro de 2009, momento no que a voz e a cara de sigfrido desvelaron a historia que traballamos durante algunhas clases de lingua galega coa nosa mestra.
- Dende o mes de outubro adicamos titorías, momentos dos Venres culturáis e deportivos e algunhas clases de plástica para ir facendo a decoración para os pasillos de primaria, parte da sala de psicomotricidad de E. Infantil, parte do C.X. Abeiro, e para a sala que cariñosamente denominamos dos espellos.
- Tivemos que pensar que probas iamos escoller para que fixesen os rapaces. (1º pensar unha morea de xogos, preguntas, e fotos do cole; e nun segundo momento decidir cada un de nos cales desas probas faria cada un dos grupos que iamos levar, atendendo a: idade, tempo para o xogo, dificultade, lugar no que ia estar agochada, e o itinerario que iamos seguir).
- Probamos varias combinación posibles de rutas, e medimos o tempo que nos levaban. (o igual que na actividade do día 31 nos tamén tivemos que ir atados para saber o tempo real, e para saber coma se ian sentir os rapaces e rapazas dito día - así saberíamos reaccionar-.)
- Dúas semanas antes da actividade comezamos a colocaciónda decoración por primaria e ultimamos detalles da organización (meter as probas e os puzzles mos sobres correspondentes, ...
- Algúns compañeiros e compañeiras nosos que puideron, quedaron varios días ate as 6:30 ou 7:00 da tarde colocando decoracións, escondendo pistas, ...
- O día da actividade quedamos todos as 3:00 pm para colocar os materiais no seus sitios correspondentes e para caracterizarnos - algúns fomonos caracterizando coas roupas e a maquillaxe moito antes.
- Tra-la actividade recollemos o venres todos os materiais e limpamos un pouco por riba
- O Luns seguinte recollemos toda adecoración e deixamos o colexio sen rastro algún da aventura do testamento de Sigfrido; agás o noso cansancio, as nosas ilusión e os nosos bos recordos.
Agardamovos nas festas de María Auxiliadora 2009