Benvidos

Bienvenidos a Amigos Sin Fronteras, a web dos alumnos e alumnas do Colexio Salesiano San Juan Bosco da Coruña.

Neste Blog educativo, pretendemos introducirnos un pouquiño nas posibilidades que nos abre o mundo da internet.

Esperamos que pasedes un bo rato lendo os nosos artigos.

Se queredes deixar as vosas opinións sobre o blog podedes mandar un e-mail a: amigos.s.fronteras@gmail.com; ou ben entrar na sección "Dejanos aquí tú opinión del blog" y dejar un comentario.

Moitas Gracias

O noso Blog leva activo dende:

Hoy es
Mostrando entradas con la etiqueta Festas Don Bosco. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Festas Don Bosco. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de abril de 2009

O Testamento de Sigfrido


Deixámosvos aquí unha programación resumida do que foi o traballo dos alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria levado acabo dende a área de Educación Física, coa colaboración dos titores correspondentes e do profesorado de primaria do colexio, co fin de facer algo diferente na festa do cole e de romper un pouquiño co que se viña fecendo tódolos anos.

Con isto tentamos sorprende a tódalas rapazas e rapaces da nosa sección que agardaban o mesmo de tódolos anos. (cousa que cremos ter logrado).

Imos deixar algúns datos interesante para coñecemento dos nosos compañeiros e compañeiras agora que o noso traballo case rematou (agora estamos avaliando se os nosos obxectivos cumprironse ou non).

  1. Foi en outubro do ano 2008 cando prantexámonos facer este cambio e comezamos a deseñar a aventura de Sigfrido.
  2. Dende ese mes, tódolos rapaces de 6º e os mestres de primaria (e só esas persoas) coñeciamos o que se ia facer, isto mantívose así ata as 12:08 am do días 31 de xaneiro de 2009, momento no que a voz e a cara de sigfrido desvelaron a historia que traballamos durante algunhas clases de lingua galega coa nosa mestra.
  3. Dende o mes de outubro adicamos titorías, momentos dos Venres culturáis e deportivos e algunhas clases de plástica para ir facendo a decoración para os pasillos de primaria, parte da sala de psicomotricidad de E. Infantil, parte do C.X. Abeiro, e para a sala que cariñosamente denominamos dos espellos.
  4. Tivemos que pensar que probas iamos escoller para que fixesen os rapaces. (1º pensar unha morea de xogos, preguntas, e fotos do cole; e nun segundo momento decidir cada un de nos cales desas probas faria cada un dos grupos que iamos levar, atendendo a: idade, tempo para o xogo, dificultade, lugar no que ia estar agochada, e o itinerario que iamos seguir).
  5. Probamos varias combinación posibles de rutas, e medimos o tempo que nos levaban. (o igual que na actividade do día 31 nos tamén tivemos que ir atados para saber o tempo real, e para saber coma se ian sentir os rapaces e rapazas dito día - así saberíamos reaccionar-.)
  6. Dúas semanas antes da actividade comezamos a colocaciónda decoración por primaria e ultimamos detalles da organización (meter as probas e os puzzles mos sobres correspondentes, ...
  7. Algúns compañeiros e compañeiras nosos que puideron, quedaron varios días ate as 6:30 ou 7:00 da tarde colocando decoracións, escondendo pistas, ...
  8. O día da actividade quedamos todos as 3:00 pm para colocar os materiais no seus sitios correspondentes e para caracterizarnos - algúns fomonos caracterizando coas roupas e a maquillaxe moito antes.
  9. Tra-la actividade recollemos o venres todos os materiais e limpamos un pouco por riba
  10. O Luns seguinte recollemos toda adecoración e deixamos o colexio sen rastro algún da aventura do testamento de Sigfrido; agás o noso cansancio, as nosas ilusión e os nosos bos recordos.
Agardamovos nas festas de María Auxiliadora 2009