“Navega con rumbo polo ciberespazo” é unha iniciativa encamiñada a que, neste curso, máis de 5.000 escolares, naveguen con tino e seguridade pola rede, é dicir “evitando o ciberacoso e outros riscos da internet”. A intención da consellería de Educación e da secretaría xeral de Modernización da Xunta de Galicia -coa que os enxeñeiros asinaron un convenio de colaboración-, é a de mentalizar ao alumnado sobre as necesidades de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder aproveitalas ao máximo posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos. Trátase deste xeito de responder á preocupación das familias e da comunidade educativa pola seguridade dos seus fillos e alumnos no uso das novas tecnoloxías, nomeadamente da internet
Ademais, o Plan Navega con Rumbo inclúe unha serie de guías –das que se editarán 25.000 exemplares- dirixidas ao alumnado, ao profesorado e ás nais e pais; que poden ser descargadas dunha web específica (www.edu.xunta.es/navegaconrumbo/ ) e o xa aludido programa de visitas aos centros escolares onde os enxeñeiros informáticos expoñen recomendacións e consellos para navegar por internet e participar nas redes sociais. Polo que se refire ás guías, que serán “de boas prácticas”, incluirán o chamado “decálogo do bo navegante” e serán distribuídos nos centros pola Consellería de Educación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario